15.11.07
Comunicando... (Marga Román)

Aprobouse no Senado unha moción presentada polo Partido Popular (apoiada por Coalición Canaria e CiU) na que se insta ao goberno a garantizar a gratuidade de todos os contidos da TDT. Hai que lembrar que o PP era o partido que estaba gobernado cando se lanzou QUIERO TV, a TDT de pago, un auténtico fracaso que nun par de anos foi a quebra. Sen embargo, parece que o PSOE non ve con malos ollos que se abra a porta a unha TDT mixta (gratuíta e de pago) porque o seu grupo de comunicación amigo Mediapro, accionista de La Sexta, ten a intención de incluír os partidos de fútbol de pago en TDT como forma de rendabilizar a compra dos dereitos de retransmisión aos clubes. Actualmente a normativa vixente non contempla a posibilidade de ofrecer en TDT servizos de ppv (pago por visión) pero tempo ao tempo.
Etiquetas: Marga Román
Comments:
Publicar un comentario