7.11.07
Comunicando... (Marga Román)
Os guionistas están de folga nos Estados Unidos. Ao parón creativo foron convocados os 12000 afiliados que ten o WGA (Writers Guild of America) que lle piden aos representantes da AMPTP (Alliance of Motion Picture and Television Producers) que aumenten os ingresos deste colectivo pola exhibición dos produtos audiovisuais nas novas xanelas de explotación (o DVD, as descargas de Internet, telefonía móbil, etc...). Dos guionistas dependen as historias dos filmes pero tamén as historias das series de ficción televisiva, dos "late nights", os contidos dos "reality shows", etc... Creadores de soños ou trasmisores da ideoloxía da potencia dominante nas mentes destes creadores se configurou para ben ou para mal gran parte do imaxinario colectivo occidental da segunda parte do século XX, unha americanización que parece que segue en expansión seducindo a novos mercados no mundo-aldea do século XXI. A súa presión fai que a industria do entretemento norteamericano ande botando contas sobre as posibles pérdidas que ocasionará esta folga porque se as ideas faltan as máquinas tamén teñen que parar.
Etiquetas: Marga Román
Comments:
Publicar un comentario