<$BlogRSDURL$>

25.11.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 




Padre Coraje non é unha comedia compracente nin unha historia constumista. Padre Coraje é unha traxedia sen final feliz na que interveñen máis de cen actores e para á que se utilizaron aproximadamente oitenta localizacións que amosan unha Andalucía moi alonxada do típico anuncio promocional sufragado polo goberno autonómico.

O resultado artístico do que podemos considerar unha auténtica superproducción no marco da ficción televisiva estatal é bastante bo.

O feito de recrear o acento andaluz dos personaxes e os espazos marxinais nos que se desenvolve a miniserie axudan a que o espectador televisivo español recoñeza a verosimilitude do que está vendo en pantalla (a pesar do pelucón que lle poñen ao disfrazado Antonio Delgado).

A selección de actores e actrices é moi acertada, tanto en secundarios como en protagonistas, destacando especialmente as interpretacións de Juan Diego (na obra fai do atormentado Antonio Delgado) e de Vicente Romero (que encarna magnificamente a “El Maquea”, o antagonista).

A historia, coa atención que arrastra estar basada nuns feitos reais que contaron cun gran seguimento mediático, foi guionizada polo experimentado Antonio Onetti e dirixida polo solvente Benito Zambrano (que viña coas credenciais e o prestixio que lle otorgara a realización da longametraxe Solas ).

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License