<$BlogRSDURL$>

23.9.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

Nós (pero máis eu) en Xetafe unha mañá de sábado (Continuación)

Nas urxencias do ambulatorio hai carteis que indican que non se dan recetas, nen píldora do día despois, nen hai traumatólogo, nen radioloxía, nen pediatra... Aténdena rápido e case sen mirala diagnosticanlle unha farinxite aguda. Como o centro de saúde non está tan lonxe como nos dixeran regresamos dando un paseo non moi agradable porque estamos os dous bastante cansos. No camiño buscamos o refuxo das sombras dos edificios para evita-la calor e iso que estamos a finais de setembro.

Sepáramonos na Cibelina reformada por obra e desgraza do concello que convertiron nunha Cibeles kitsch con carro e fonte do tipo estética todo a 100 o que antes era unha discreta e encantadora figura feminina. Ela vai para casa e eu recorro a rúa Madrid enteira e incluso a rúa de Toledo buscando unha papelería para comprar o xornal.

Neste sábado Día Mundial do Alzheimer voluntarios maduritos piden para recadar fondos para unha asociación de enfermos que padecen esta enfermidade. Unha traxedia verdadeira (esta si) cotiá, diaria, na que un se vai esquecendo de todo ata de existir. Colaboro minimamente pero non me dan adhesivo porque non lles queda, ergo o resto de voluntarios dispersamente dispostos pola zoa peonal do Xetafe centro séguenme bombardeando ao borde do chantaxe emocional para que colabore con tan boa causa.

Volto a colaborar pero esta vez esixo o adhesivo acreditativo. Quédome cun euro para mercar o xornal pero non atopo ningún sitio. É mala hora para conseguilo, xa pasan das dúas, agora que os “chinos” (case 24 horas) deixaron provisionalmente de vende-la prensa.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License