<$BlogRSDURL$>

22.9.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

Nós (pero máis eu) en Xetafe unha mañá de sábado (I)

Érgome relativamente cedo para ser sábado. Aproveito para ler un pouquiño (é o primeiro que fago) e logo as habituais tarefas de toda-las mañás. Na rúa Madrid están preparando unha exhibición de nenos xogando a diferentes deportes. O encargado do son esperta a todo o barrio coas súas probas de micrófonos. Tamén a esperta a ela, que está pachucha, leva tres días con dor de gorxa. Acompáñoa ao centro médico da rúa Madrid. Pasamos polo lado dos exhibicionistas deportivos, un montón de ruidosos nenos xogando nun pequeno espazo rectangular, había variedade: rugby, minitenis, artes marciais, baloncesto... O centro médico que nos toca está pechado (a prensa publicou esta semana que a sanidade púbica da comunidade de Madrid era unha das peores de todo o estado) así que preguntamos nunha farmacia cal está aberto. Amablemente unha señora métese na conversa que estamos a manter coa farmacéutica e danos as señas do Ambulatorio de los Ángeles. Como non queda moi cerca aconséllanos que pillemos o bus 442.
Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License