<$BlogRSDURL$>

25.9.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Acumular tesouros (II)

¿Ata cando seguir acumulando “tesouros”? ¿Deberían desfacerse as institucións museísticas públicas daquelas obras de menos valor para seguir reinvertindo en traballos que sexan máis acordes coa súa colección? ¿Poderiamos imaxinar un Reina Sofía multinacional con sucursais noutras cidades de Europa, Asia, África ou América? ¿Onde carallo estará a escultura de Richard Serra –un mamotreto de varias toneladas- que se perdeu dos fondos do Reina? A comezos do século pasado Duchamp atopaba obxectos e a comezos deste século o “Reina” pérdeos. A transición do obxecto atopado ao obxecto perdido non supón neste caso ningún tipo de trauma porque como en parte da arte contemporánea a copia ten tanto valor como o orixinal xa está feita unha réplica exacta da escultura desaparecida para ledicia de todos.



Imaxe do obxecto perdido: Equal Parallel: Guernica-Bengasi (1986). Trasladada a esta bitácora dende aquí .


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License