<$BlogRSDURL$>

27.6.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

1ª SEMANA EASTWOODIANA

Dous xeitos diferentes de contarnos (I)

Aínda que Banderas de Nuestras Padres e Cartas de Iwo Jima teñen como telón de fondo a batalla que se celebrou nesta illa, cada película cóntanos unha historia diferente nunha linguaxe narrativa ben distinta.

En Los Puentes de Madison (1995) os fillos descubren a través dos diarios e as cartas o que sentíu realmente a súa nai. Seguindo con esta idea Banderas de nuestros Padres tamén é o relato sentimental dun fillo que está reconstruíndo a personalidade do seu pai. A construcción dunha identidade a través dos outros, onde se suceden as intervencións como intertextos que nos falan de como foi John Bradley. É certo que as imaxes de guerra posúen unha maior potencia visual (os grandes planos xerais dos barcos militares lembran en espectacularidade á recreación visual que se fai do canto II da Ilíada no filme Troya -Wolfgang Petersen, 2004-) pero teñen un menor peso narrativo que o que pasa á marxe da batalla. Ademáis no relato de Banderas... altérnanse continuas analepses e prolepses, saltos temporais que se suceden nalgunhas ocasións cun gran dinamismo o que fai que a narración sexa bastante complexa.


Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License