<$BlogRSDURL$>

22.4.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

Aquí estás ben, estás agusto, é un sitio tranquilo e a universidade non está nada mal. Teste que largar, sabes que é agora ou nunca, que aprender inglés é imprescindible. ¿Imprescindible para que? Se te vas non che van a convalidar a metade das asignaturas, iso suporía un tercer ano aquí e non estás para perder o tempo, xa non tes idade para iso, se o venres pasado xogache un partido de fútbol e aínda che duran as maniotas. Viñeches aquí porque che ofrecía a posibilidade de ir alí. Sintes que isto se che queda pequeno, aquelo probablemente será igual, pero descúbreo por ti mesmo. Estas na idade de arriscarte, de ver moitas cousas que soñas ver e de aprender moitas cousas que sempre soñache aprender. Soños, soños, a realidade é a realidade. Que triste sería unha realidade sen soños. ¡Non maduras!. Eres un tío moi responsable e bastante traballador. Espabila a troita que che quedan cinco días. ¿Que fas? A túa vida é túa.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License