10.3.07
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
O "pique" constructivo-institucional entre cidades está protagonizado polos museos. Toda cidade española que se prece ten que ter un macro-museo (especialmente de arte contemporánea) deseñado por un arquitecto-autor de recoñecido prestixio pluri-inter-transnacional e Xetafe non quere ser menos.
Así que no maxín do alcalde socialista, aspirante a renovarse no cargo, está a de construír o mega-proxecto de la Ciudad de las Vanguardias. Unha "Bauhaus" (sen orientación industrial) na capital do Madrid Sur que se leva anunciando bastante tempo a bombo e platillo pero da que todavía non se sabe moi ben nin onde vai estar sitúada (probablemente nuns antigos cuarteis), nin en que vai consistir (¿Repetirá os modelos de proselitismo culturais xa fracasados?), nin como se vai financiar.
Xunto a isto, e como Xetafe reinvindícase como o berce da aviación española, uns arquitectos do despacho de Norman Foster (¿Bolseiros?) estiveron no concello presentado os planos do que será o Museo de Aviación.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
Comments:
Me alegra que pongas el sistema de comentarios de blogger.
Dicho lo cual, es increíble el amor al arte de los alcaldes.
Título de un próximo trabajo tuyo: "Correcciones a la teoría del mecenazgo en el arte: la política municipal como factor".
Publicar un comentario
Dicho lo cual, es increíble el amor al arte de los alcaldes.
Título de un próximo trabajo tuyo: "Correcciones a la teoría del mecenazgo en el arte: la política municipal como factor".