<$BlogRSDURL$>

28.3.07

Comunicando... (Marga Román) 

Zapatero resposta como un robot preprogramado as cuestións que se lle formulan en Tengo una pregunta para usted. Un formato (creo que a orixe está nun programa da televisión francesa) moi adecuado para esa concepción de servizo público (deslexitimada e descafeinada) que ten que ter unha televisión estatal.


As cuestións ás que se someteu Zapatero con amplo sorriso e hábil regate estaban referidas na súa maioria ás grandes liñas de forza do governo (política de xénero, inmigración, apoio aos discapacitados...) pero outras seguro que lle resultaron bastante incómodas (o cuestionamento da monarquía, o aumento do prezo da vida con respeto aos soldos ou De Juana Chaos).

Formalmente o espazo non da moito de si, ten unha excesiva dependencia do interese que esperte o invitado, a extensión nas preguntas/respostas fai que poida resultar aburrido, ademáis Lorenzo Milá condúceo con pouca axilidade e tratándose dun primeiro programa non son extranos os problemas que tivo de realización, organización e posta en escea.


O mes de abril acudirá Rajoy. A ver se el sabe canto vale un café. Zapatero dixo que valía 80 céntimos e a pesar de que o meu avó diga que ten razón hai en moitos sitios nos que xa non costa iso dende hai bastante tempo. Probablemente, ese será o tema de conversación de mañá, de seguro que se Rajoy se sabe canto costa un café será porque o aprendeu de memoria (que para algo ten a plaza de rexistrador da propiedade) non porque o pague el.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License