<$BlogRSDURL$>

26.3.07

Comunicando... (Marga Román) 

Na batalla televisiva do prime time dominical de guapas (Miss España) contra feas (Cambio radical) gañaron as feas que queren ser guapas. Este tópico está dando bos resultados de audiencia na ficción televisiva (Yo soy Bea, Betty la fea...) aínda que no "extreme makeover" (que tal como está a televisión pronto será un "soft makeover") a ficción convírtese en realidade e a beleza consíguese a base de bisturí. As protagonistas foron dúas mulleres (se o programa acada continuidade probablemente meterán a algún home de recheo) sometidas a múltiples operacións que sen embargo non conseguiron transformar radicalmente o seu aspecto físico. Fracasou polo tanto o maior atractivo que podería ter Cambio Radical, un programa sen ritmo escénico, mal conducido por unha insípida e operadérrima Teresa Viejo.
Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License