<$BlogRSDURL$>

20.4.12

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

A orixe da crise

Coas últimas medidas do goberno e o seu tratamento mediático parece como si a crise fora provocada por unha panda de vellos e vellas adictos aos medicamentos, por uns estudantes 'jaraneros y alborotadores' (que se diría nos sucesos estudantís producidos na universidade madrileña en 1956) que non saben aproveitar as posibilidades que lle ofrece o seu benéfico Estado e por uns traballadores que gozaban dunha inasumible inflación de dereitos.



Calquera que pase unha breve estadía nesa cidade fascinante que é Nova York comprobará entrando nos vagóns do metro, cheos de anuncios de ofertas para cursos, a importancia da educación como negocio, auténticas empresas agochadas nalgunhas ocasións baixo o eufemismo do 'non-profit'. E si ten en Estados Unidos algún problema médico padecerá o poder das industrias privadas no eido da sanidade. Os intereses económicos que moven estes sectores son moitos. 

En contra do suposto exceso de dereitos laborais da conta a experiencia da acumulación de bolsas do precariado xuvenil, e non tan xuvenil, polas que non cotizan para o paro, ademáis de recibir pola súa tarefa unhas remuneracións irrisorias. O traballo-aprendizaxe non foi tal, senón que serviu para que as empresas se aproveitaran de man de obra barata sen contraprestacións.      

Educación e sanidade, cos seus defectos que son moitos, e os dereitos dos traballadores, agora mesmo case os non-dereitos, son coartadas que desplazaron o protagonismo da crise. Pouco a pouco parece que este discurso vai callando e nos vamos afastando da súa orixe. Os que a provocaron ou foron subvencionados para limpar os seus negocios ou, salvo casos excepcionais, seguen no poder político. Como resposta prodúcese un salto mortal cara adiante que colle impulso coa sublimación do deporte, a apelación da rexeneración do orgullo dunha nación e a volta ás súas esencias. Non sei moi ben cales serán estas esencias, como non me vaia á picaresca na que tráxica máis que comicamente se moveron as institucións españolas, dende a xefatura do Estado ata a finaciación dos partidos. E diso nada cambiou, polo de agora. 

Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License