<$BlogRSDURL$>

15.6.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

En Documenta Madrid 10 daban uns trípticos promocionais de Filmotech. Cada tríptico incluía un código de acceso que permitía ver un filme de balde. Aproveitando isto, a oferta soamente dura ata o 15 de xuño, onte vin Amanece que no es poco (J. L. Cuerda, 1988) hilarante desembocadura de certas tendencias do cinema español. A calidade era HD pero non parecía moi alá, víase en 4/3, e tiña as típicas opcións de reproducción (non é lineal senón que pódese ir para atrás e para adiante). Xa dixen que foi de balde pero senón tivera que ter pagado 1,39 euros.

Descoñezo os beneficios (ou déficit) que xera o portal, na parte de abaixo hai un logo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e do Plan Avanza, así que deduzo que está subvencionado. Dende logo o catálago de películas non é moi alá pero si que me sorprendeu que haxa películas de produción non estatal (maioritarias entre as "destacadas" que sinalaba onte o portal).

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License