<$BlogRSDURL$>

11.6.10

Da escoita (Mes P) 

Sobre o Encuentro de Arte Sonoro en España (Primeira anotación, coa incerteza de si haberá nesta bitácora algunha máis)

Tras escoitar parte do evento por streaming os días anteriores, onte puiden estar no Encuentro Arte Sonoro en España que se celebrou na Casa Encendida. Nel Juan Gil falou de que ao mellor aquelo que chamamos arte sonora deberería ser definido non tanto polo obxecto, o son, senón dende o suxeito, a escoita. Partindo desta idea non escribirei aquí sobre arte sonora senón sobre prácticas creativas da escoita.

No encontro se debuxaron varias liñas de intervención das que me gustaría centrarme en tres, que aínda que non foron as protagonistas do debate penso que poderían ser moi fructiferas non só específicamente para a escoita senón tamén para calquera tipo de práctica creativa:

1.- A primeira sería as grandes posibilidades de expresión creativa que poden ofrecer as radios comunitarias. Algo ao que a nova Ley General del Audiovisual, aprobada recentemente, non presta a atención que debera, cousa que sucede en menor medida si nos vamos a outras lexislacións do audiovisual como a Arxentina, país onde este tipo de iniciativas conta cun maior peso específico.

2.- A segunda foi mencionada por Juan Gil pero non tivo continuidade. Falo do esforzo que se pode facer a nivel pedagóxico para a ensinanza das prácticas creativas da escoita non tanto dende a ensinanza universitaria senón xa dende a ensinanza obligatoria.

3.- E a terceira é Internet. A rede pode servir como arquivo dixital dos traballos creativos, pero creo que é todavía máis interesante pensar a rede como espazo que pode multiplicar as posibilidades de acceso a eses traballos. Neste sentido expúxuse un debate con opinións nas que a idea de conservación ía nalgún caso desligada da idea de acceso, cando en realidade van da man. O acceso a un traballo creativo fai que a obra estea viva, é dicir favorece a súa continuidade porque hai unha necesidade do seu uso. Por iso o gran desafío da cultura é traballar en modos de distribución insertados nas novas situacións que xera a economía da información do capitalismo cultural electrónico.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License