<$BlogRSDURL$>

12.11.09

Acción web (Mes E) 

Lara joder, te amo! (I)

Pouco despois de suceder a nova expandíase polo Twitter en retwitteos múltiples. Un hacker fixera un "deface" da páxina web do PP de Valencia. A xente que foi a ver o que sucedera atopouse con isto (imaxe capturada dende o meu ordenador).

A cousa podería dar para miles e miles de anotacións sobre o uso político da web como forma de protesta non violenta, ademáis queda ben subliñado na parte de abaixo o de "Nada fue borrado". O propio desfigurado e a elección da música que acompañaba esta intervención darían tamén para unha análise iconolóxica ou para unha boa reflexión da subcultura hacker. Sen embargo, hai un elemento perturbador, que aínda que pasa algo desapercibido hai que ter en conta. Debaixo de "Camps haznos un favor, dimite!", destacado en letra vermella, pódese ler (escrito en letra blanca máis pequena) "Lara joder, te amo!" (vese mellor si se amplía a imaxe facendo click nela).


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License