<$BlogRSDURL$>

17.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (1 de X)

Phillipe de Montebello, Plácido Arango, Gabriele Finaldi e Miguel Zugaza entraron por unha porta lateral ao escenario do Auditorio do Prado. Unha entrada escenograficamente estudada, envolta por música clásica, coa que daba comezo o ciclo de conferencias "El Museo: Hoy y Mañana", primeiro acto que convoca a Cátedra do Prado.

A primeira persoa que falou foi Plácido Arango, actual presidente do Patronato do Museo do Prado, que coñece moi ben a Phillipe de Montebello porque foi tamén patrón do Metropolitan Museum of Art de Nova York (do que actualmente é patrón emérito).

O segundo en tomar a palabra foi Gabriele Finaldi (Director Adxunto de Conservación e Investigación do Museo do Prado) que se ocupou de presentar o ciclo.

O director do Prado, Miguel Zugaza, foi que antecedeu ao conferenciante. Zugaza fixo un breve percorrido cronolóxico sobre os museos e os seus directores, no que destacou figuras como Alfred H. Barr, a quen según o mandatario do museo español, "correspondió definir el museo moderno"; Kenneth Clark que se ocuparía de defender o museo "de la barbarie de la guerra"; Carter Brown e Michele Laclotte a quenes "les tocaría definir el museo después de la guerra".

Según Zugaza, o Director do Instituto de Fine Arts da Universidade de Nova York e Director Emérito do Metropolitan Museum of Art desa mesma cidade, Philippe de Montebello, "pertenece a esa legendaria genealogía de directores".


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License