2.9.08
Supra
Acostumado ás viaxes baratas en bus e en toda clase de aparellos móbiles hoxe dinme unha homenaxe (é o bo de estar a comezos de mes) e fun na clase SUPRA. Tres filas de asentos de coiro bastante amplos, un sandwich de queixo e xamón, dúas latas de refrescros, un sobao, tres caramelos, auriculares e o xornal de balde. Dobre sesión de películas de Disney (irregulares), emisoras musicais, wi-fi e un monedeiro de agasallo na fin da viaxe. Ata hai unha azafata que se diferencia da dos avións porque non sinala as saídas de emerxencia nin se pon de mostra o salvavidas. En canto ao tempo, aforra unha hora e cuarto nun traxecto que na "clase turista" sería de sete e non fai máis que unha parada nunha cidade (vella aspiración colonial de Galicia). A diferenza de prezo é de 16 euros, así que a próxima vez seguro que...
Etiquetas: Eremita no bus
Comments:
Publicar un comentario