<$BlogRSDURL$>

19.11.07

Os dramas de María Xosé 

Onte comunicáronme no traballo que conseguín o ascenso. Isto suponme máis unha alegría psicolóxica de engrosamento de ego que unha alegría económica. O salario é máis ou menos igual e a responsabilidade é moito maior pero estou moi leda. Estiven a piques de deixalo cansa xa de tanto teleoperar e repetir como un loro as mesmas respostas.

A isto me dedico polas mañáns e polas tardes ando nun curso de novas tecnoloxías nunha academia carísima que me financio cos cartos das teleoperacións. Ao comezo pensei que ía ser unha "pataca" manexando os programas pero a cousa non saíu tan mal. Hai que perderlle o medo a estas máquinas e darlle duro aos programas porque a santísima trinidade para atopar un bo traballo hoxe por hoxe é: novas tecnoloxias, idiomas e facer un master. Amén.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License