<$BlogRSDURL$>

14.4.07

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

O semanario nacionalista A NOSA TERRA fala de que se pactou unha fronte lingüística común entre Galicia, Cataluña e Euskadi. Todo moi bonito, cheo de boas intencións pero a ver que aplicacións prácticas ten.

Polo de agora as webs dos principais partidos nacionalistas como a do BNG, a do PNV, a de ERC e a de CiU non contan coas opcións lingüísticas plurais que predican.

Tampouco hai esta posibilidade nas páxinas dos proxectos culturais máis importantes do espazo político Galeuscat, é dicir, na do Guggenheim de Bilbao, na da Cidade da Cultura de Compostela, na do MNAC, na do CCCB de Barcelona, na do CGAC de Compostela, na do ARTIUM de Álava ou na do MARCO de Vigo.

Por iso sorprendeume onte cando lía PERIFÉRICOS ver que a páxina de presentación do CREAA conta coa opción tetralingüística. Así que moito GALEUSCAT pero quen deu exemplo neste caso foi Alcorcón.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License