<$BlogRSDURL$>

24.4.07

Novas novas... 

Fusilado de culturagalega.org:

"A India e Cuba acollen dous ciclos de proxección de producións galegas. O sector audiovisual galego ten un reto pendente na súa internacionalización. Por iso, é boa nova que as nosas producións estean a se exhibir en Cuba e na India. En Cuba grazas ao I Encontro do Audiovisual que promove a Secretaría de Comunicación, cunha proxección de filmes, a sinatura dun convenio co Instituto Cubano de Arte para desenvolver proxectos conxuntos e a recuperación dunha vintena de documentais que se depositarán no CGAI. Da outra, grazas ao Centro de Estudos de Español, Portugués e Italiano da Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi poderanse ver as últimas producións galegas, acompañadas de clásicos como “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License