<$BlogRSDURL$>

1.4.07

Blogueria, bloguería 

En vísperas do seu tercer aniversario, Compostela reflexiona en dúas das súas últimas anotacións de xeito lúcido-escéptico sobre a nación/nazón (De vuelta a Vitoria (I) e De vuelta a Vitoria (II)). Na primeira incluso se arrinca a escribir en galego (¿Para cando unha sección en galego?)


Tras finalizar a filmación de Os crimes de Oxford (falta montaxe, posproducción, etc...) Alex de la Iglesia abandona o blog a partir do cal sacará probablemente un libro. Unha mágoa porque con esta bitácora moitos aprendimos bastante sobre como é unha rodaxe. Haberá que buscarlle un sustituto digno na sección de links Escribir de cine.

Por iniciativa da guerrilleira mediática Marga Román engadimos o que será un novo grupo de ligazóns relacionados coa televisión baixo o título de A caixa lista. Polo de agora so está Fórmula TV unha páxina de tele bastante completa que inclúe novas do medio, audiencias, etc...

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License