<$BlogRSDURL$>

21.9.06

Chámame un amigo catalán todo preocupado polo da tormenta tropical reconvertida. Dígolle que o furacán que anunciaban foi un fraude, que quedouse en bastante pouco (menos mal tamén).

Prendo a tele a ver que din e vexo que nas canles buscan imaxes do mini-furacán para saciar as espectativas do espectador. A estes xornalistas pásalle como a moitos investigadores que teñen unha idea preconcibida e enchen as páxinas das súas teses de doutoramento de pensamentos ao servizo dos intereses propios, importándolle nalgúns casos bastante pouco os feitos (o tratamento histórico da Guerra Civil é un exemplo bastante evidente).

Imaxino ao equipo da televisión de turno no coche todos desesperados en busca de imaxes. "¡Para, para! Mira aí hai unha árbore caída, ímola gravar". Conectando en directo co mar da Costa da Morte de fondo (¡Miren que ondas máis grandes!). Falando cos mariñeiros que non saíron a faenar e cos nenos que están todos ledos porque non tiveron colexio.


E é que Galicia ten unha imaxe de víctima e de catastrofe natural porque aos "pobriños" galegos sempre nos pasa algo. O caso é rendabilizar a desgraza nun proceder que sempre é o mesmo. Sensibilización social, promesa de axudas do governo central, axudas que poucas veces se fan efectivas. Todos pensabamos que coa riqueza que ía producir o "Plan Galicia" iamos encontrar polo menos un curro interesante (incluso os historiadores de arte), pero desafortunadamente as catástrofes naturais duran nas novas menos que a fichaxe dun carísimo xogador de fútbol e rematan por interesar soamente á oposición que busca rentabilizar as desgrazas alleas en votos.


Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License