28.2.05
Falando dunha peli de animación (agora xa non se utiliza o de "debuxos animados") co seu director de producción díxome: "Mira tio, no te comas el tarro, ni simbolismos ni nada, para que una peli funcione el bueno tiene que ser muy bueno, el malo tiene que ser muy malo y la buena tiene que estar muy buena".
MAR ADENTRO
"El bueno tiene que ser muy bueno" Ramón Sampedro, un persoaxe honesto, interesante, intelixente, culto, sincero e valente ao que lle vai bastante ben coas mulleres. Non hai contradiccións nen dúbidas, e o superheroe perfecto (ata voa, aínda que sexa en soños). Un heroe confrontado co seu contexto máis cercano (o seu irmán e a propia sociedade galega). Pero ao que se lle recoñece o esforzo por xente de fóra. Cataluña preséntase como un oasis de modernidade en contraste con Galicia. Soa a historia xa contada ¿non?.
"El malo tiene que ser muy malo". O malo-malísimo desta peli é o crego. Amenábar preséntanos ao sacerdote nunha intervención televisiva mentras a familia está comendo. O xesuíta declara que o problema de Sampedro é que a familia porque non lle dan cariño. E ti espectador-inocente que estás vendo como o queren e o cuidan pensas "pero como pode dicir iso, ¡que cabrón!". Para acentúar esta dialéctica entre o bo e o malo Amenábar prepara un careo (sen pistolas pero con silla de rodas) entre estas dúas posicións antagónicas de ver a vida. O careo non se pode producir porque o crego (tetrapléxico) non pode subir a falar con Sampedro, e este (tetrapléxico tamén) lóxicamente non vai baixar a recibilo. O crego (que vai nunha silla de rodas de última xeración, das que costan cartos) queda como un estúpido, ridiculizado polo inxenioso protagonista-heroe.
"La buena está muy buena". A boa desta película é Julia e está interpretada por Belén Rueda, que dende o meu punto de vista, aquí entra a subxectividade, está moi boa. A persoaxe de Belén Rueda chega dende ese oasis de modernidade que é Cataluña e desdibuxa a que tería que ser a protagonista principal Rosa. Julia sería o contrapeso a Sampedro. Unha aposta pola vida e outro aposta pola morte, dous xeitos diferente de concebir a enfermidade. Pero este contrapeso non funciona. Nunca da impresión de que Julia elixise a vida. Nunha das últimas esceas vemos a unha Julia derrotada pola vida á que se lle entrega unha carta de Ramón (despois de que este morrera). Julia non se acorda de quen é Ramón, a pesar da preciosa historia de amor que viven na película. A súa enfermidade fíxeralle borrar a lembranza do amor. Enton ti espectador-inocente pregúntaste ¿para que vivir así?.
Comments:
Publicar un comentario