<$BlogRSDURL$>

17.2.05

A fachada de Santa Clara é a obra de arquitectura máis orixinal da Galicia dieciochesca. Pódese discutir nela o seu valor estético pero non o seu afán innovador.


Resulta especialmente curioso a forza que adquiren as molduras nesta obra. Bonet Correa explícao aludindo á climatoloxía galega. Esta idea tan discutible non carece de certa base. É evidente a importancia que adquire o uso de claroscuro na época barroca esto tradúcese na arquitectura co xogo baleiro-activo e co aumento de grosor das molduras no caso galego (xustificado pola ausencia de sol).

Lendo o libro de Hugh Honour El neoclasicismo coñecín a obra do Altar da Boa Fortuna en Weimar, peza pensada por Goethe que me lembrou aos remates da arquitectura de Simón Rodríguez. A obra do alemán consiste nunha esfera sobre un robusto pedestal cúbico, é dicir, pura xeometría. Menos harmónica, pero máis valente, é a aposta de Rodríguez. Mentras a peza de Goethe é unha escultura exenta, o santiagués integra tres grandes volumes cinlíndricos na parte máis alta da súa arquitectura.


Respecto aos orixes dos misteriosos cilindros, os gravados de Serlio, moi coñecidos na España da época, poden darnos o punto de partida, pero non a súa concepción total. O tratadista italiano nunca proxectou lonxitudinalmente as súas esferas no espazo coa decisión coa que o fai o compostelán. Unha explicación formal da arquitectura levaríanos a afirmar que a colocación dos cilindros coroando a arquitectura responde a un intento de acentúar a inestabilidade do edificio, a un mero risco técnico. Nembargantes xorde unha pregunta evidente á que ninguén responde ¿teñen os cilindros un significado iconográfico?.


Rodríguez é un xenio único que cronolóxicamente nada entre as tendencias barrocas e as neoclásicas, quizáis este tránsito de estilos explique que a influenza desta obra teña escasa continuidade. A fachada-telón compostelá lévanos cara o Rodríguez carpinteiro que retorce as molduras de granito como se fose madeira. Un xigantesco retablo pétreo que segue desconcertando ao que se para a contemplalo e que segue gardando para si o segredo do significado dos seus tres misteirosos cilindros.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License