<$BlogRSDURL$>

10.2.05

Estivenno pensando estes días de agobio e definitivamente penso que non valería para ser princesa.

-Sabes, levo xa quince días sen beber. Co alcool que levo na xiba ben me chega para toda a vida. ¿Así fan os camellos, non?

-Onte cruceime coa miña ex-muller, estaba ben máis guapa que cando estaba conmigo. Non lle din boa vida non, espero que co que está agora lla dea mellor, disque é funcionario.

Tiña unha historia moi boa para contar pero hai dous xigantescos melenudos que están esperando este ordeador, deixareina para outro día logo. Desconecto gratuitamente dende a Xeral e descendo do ciberespacio ao estudio estético.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License