20.12.04
Un home para a eternidade é unha película do ano sesenta e seis realizada polo austriaco F. Zinnemann . Sen ser propiamente un biopic nen caer na haxiografía (non hai nada de milagroso no relato, o heroico nace do ordinario) Un home para a eternidade conta a historia de Santo Tomás Moro plantexándoa dende un tema tan querido para o director austriaco como é a exaltación da integradide (así o fai tamén en Só ante o perigo), un protagonista-heroe enfrontado cun poder e cunha sociedade que lle é adversa. Un gran filme, cun exquisito gusto fotográfico e cun magnífico guión (adaptación da peza teatral escrita por R. Bolt) que se apuntala coas grandes actuacións dos protagonistas ( destaca a austeridade xestual de Paul Scofield), se ben é certo que a súa estructura dramática, basada nuns magníficos diálogos, pode resultar algo pesada para os hábitos visuais do espectador actual (tan necesitado de "efectos").
Axenda cultural
O profesor de Historia da Arte José Manuel López Vázquez intervirá este martes, día 21, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte coa ponencia ‘Orixinalidade e capricho. A reutilización da imaxe’. A intervención do profesor López terá lugar ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia.
José Manuel López falará na súa conferencia sobre Goya, pintor no que centra gran parte das súas liñas investigadoras. Deste xeito, presentará o tema da metamorfose da imaxe a través de tres exemplos concretos vistos no Álbum B, Soños e nos Caprichos como son ‘Hasta su abuelo’, ‘De qué mal morirá’ e ‘Están calientes’ cos que porá de relevo o feito de que Goya modifique os significados coas mínimas variacións posibles. O profesor da USC fará así unha lectura de Goya amosando o emprego de emblemas -que nese momento en España non se empregaban- e cotexando os grabados coa literatura de Quevedo ou Gracián, tendo en conta que determinados xiros do idioma constitúen a base para xogos de conceptos e de imaxes baralladas en Goya.
Comments:
Publicar un comentario