<$BlogRSDURL$>

15.12.04

Santos Zunzunegui dixo que Oliveira era un director "políticamente incorrecto" para os tempos que corren. Eu imaxino que nas pretensións de Oliveira, cos seus noventa e tantos, non estará a de ser "políticamente incorrecto". Este "malditismo" de Oliveira pode ser comparable en España ao de Garci, unha persecución ao histórico, ao clasicismo, ao burgués e ao nostálxico. Resulta curioso que a Oliveira, rescatado como case todo pola crítica francesa, se lle dedique un ciclo en Santiago e se lle faga un libro homenaxe editado pola U.S.C., mentras en Portugal, a pesares de ser o director máis recoñecido internacionalmente, o seu prestixio non vai máis alá dunha lexión de fieis admiradores.
Eu del so vin "O quinto imperio", unha largometraxe plúmbea, cun ritmo irritantemente oriental e cunha posta en escea tan teatral que me lembraba ao do Film d´art francés de comezos de século. Na formación desta opinión axudou que a proxección fose en portugués sen subtítulos. O que si que hai que recoñecer que, guste ou non guste, Oliveira é unha testemuña privilexiada da creación cinematográfica, con máis de setenta anos de oficio e cunhas inquietudes pola séptima arte que naceron nos últimos días do cine mudo.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License