22.12.04
Onte pola noite asomeime a fiestra a escoitar o rumor imperfecto da cidade. O patio mazá estaba asimétricamente iluminado polas vivendas. Eu fumba un pitillo, un Malboro de contrabando, ese tipo de tabaco que se podía mercar en calquera bar a comezos dos no noventa e que hoxe é un reducto de vodas, se ve que o sacramento lexítima esta ilegalidade. Este vicio deixoo sempre para cando verdadeiramente apetece, para despois da cea. A nota de cor e rudio do patio púñaa unha rapaza que estaba recollendo a roupa. Cando ela rematou a tarefa eu rematei o pitillo. Paralelamente pechamos as fiestras.
Pasoume pola cabeza que era unha mágoa non ter nese intre unha cámara para transmitir a sensación extraña que produce o patio no falso silencio da noite, afortunadamente hoxe tecleo un ordenador para contarcho.
Comments:
Publicar un comentario