<$BlogRSDURL$>

5.12.04

Esteban Canales no seu retrato da Inglaterra victoriana amósanos unha sociedade de ríxida moral na que pouco a pouco a igrexa iría perdendo influenza social. Nesa sociedade vive Oscar Wilde, o Wilde pagano no que tanto insiste Luis Antonio de Villena que remata no fin dos seus días convertíndose ao catolicismo. Nembargantes da a impresión de que Wilde nunca crerá no deus católico. O Deus do hedonista Wilde será máis ben un deus clásico que xoga cos homes arrastándoos cara a traxedia (De profundis).
Aínda que así sexa o exemplo de Cristo é constante na obra wildeana. O autor preséntanos a Xesucristo como o protagonista da maior traxedia xamáis escrita ( El alma del hombre bajo el socialismo), un home inocente que morre na cruz traizoado por un bico e negado tres veces polo seu mellor amigo.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License