21.12.04
Este amor
ya sin mi
te amará siempre
Axenda cultural
|
ya sin mi
te amará siempre
(Ángel González)
A vida rescata o que foi, o que non foi e o que non puido ser e móstracho para que aprendas a vivir e aceptes todo o que fixeches mal. Supoño que é o único xeito de que finalice a convalecencia das feridas provocadas pola paixón, aceptándoas e asumíndoas. Resulta inútil esquecer e fuxir porque as feridas sempre rematan por regresar e as lembranzas voltan a facerse carne.
Axenda cultural
O profesor de Historia da Arte da USC Federico López Silvestre intervirá este mércores, día 22, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte coa ponencia ‘O galeguismo decimonónico e a divulgación da paisaxe (1840-1931)’. A súa intervención terá lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:00 horas.
Na conferencia Federico López falará da idea da paisaxe en Galicia tomando como punto de partida a existencia de catro prácticas paisaxeiras fundamentais como son a lingüística, a literaria, a xardineira e a pictórica. A unión de todas estas non se produce en Galicia ata finais do século XIX e principios do XX, amosándose neste momento coma unha temática de relevante éxito. Na conferencia tratarase de poñer en claro cales foron as causas de dita aceptación, téndose en conta sobre todo a hipótese política, é dicir, o apoio xeralizado do galeguismo ao tema da paisaxe.

Comments:
Publicar un comentario