<$BlogRSDURL$>

13.12.04

Ao agarimo da Química

Licenciada en Farmacia en prácticas (LFP) -¡Ola!
Rapaz existencialista víctima da descomunicación provocada polos mass media e dun contexto sociocultural adverso que non enche as súas aspiracións (Rapaz) -Ola. Mira, quería isto.
LFP -Ummm.... pois vai ser que non. Está agotado.
Rapaz -Vaia oh! E outra cousa contra a soedade non terás por aí?.
LFP -En sobre ou en cápsulas?
Rapaz - Prefiro en sobre que as cápsulas van mal para o estómago.
LFP- Pois mira teño isto, que éche moi bo, pero non che entra polo seguro.
Rapaz - Bueno, ponmo igual.
LFP- É para regalar? Envolvocho en papel de regalo?.
Rapaz- Non da o mesmo, é para min.
LFP- Moi ben, mira tes que tomar dous sobres cada oito horas e xa verás como para Nadal xa che comeza a facer efecto.
Rapaz- A ver se é certo que son datas moi emotivas para estar só.
LFP- Non te preocupes, xa verás como si. Está médicamente testado por unha universidade americana.
Rapaz- Sendo así. Bueno, moitas gracias e Bo Nadal.
LFP- Nada, a ti.



|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License