21.11.04
A defensa da serialidade ou a deconstrucción da resposta tradicional: "O cadro de Lichtentein é arte porque ao contrario que sucede co comic é unha obra única é orixinal".

Este debate da serialidade provocado pola sociedade industrial non só se deu nos productos producidos para a sociedade de masas senón tamén no eido da denominada como "alta cultura". Así nos cincuenta, artistas como R.Rauschenberg poñen sobre a mesa esta cuestión entrando en dialéctica coas teses defendidas por Clement Greenberg e moitos dos artistas vencellados co expresionismo abstracto. Con obras como Factum I e Factum II, onde se repiten imperfectamente os mesmos elementos, o artista texano pretende atacar a concepción de inspiración e orixinalidade. Non obstante Factum I e Factum II non deixan de ser "realizacións" como o cadro de Lichtenstein. Serían Warhol quen coas súas serigrafías, ou posteriormente o propio Rauschenberg cos seus debuxos transferidos, os que levarían os procedementos técnicos seriais ao status de arte.

O mesmo Hal Foster pronunciarase sobre este tema nuns termos semellantes:
"Con el tiempo, sin embargo, la serialidad no pudo evitarse, y este reconocimiento llevó a demostraciones y contrademostraciones de su lógica. Considérese por ejemplo, como Rauschenberg pone a prueba esta lógica en Factum I y Factum II (1957), donde cada uno de los lienzos está lleno de imágenes encontradas y de gestos aleatorios que se repiten, imperfectamente, en el otro. Sin embargo, no fue hasta el minimalismo y el pop que la producción serial se hizo coherentemente integrante de la producción técnica de la obra de arte"
Así pois afirmar que os procedementos técnicos seriais non poden producir arte é negarlle a categoría de arte as serigrafías de Warhol. Pero este debate trascendería do mundo contemporáneo, tamén teríamos que negar que os gravados de Goya ou no mundo romano a escultura sarcofáxica fosen arte.
Vemos como a defensa da obra de arte como única e orixinal é fondamente contradictoria. E este pensamento erróneo non invalidaría que o comic fose arte pois levado ao absurdo para convertir a un comic en arte bastaría simplemente con destruir as pranchas orixinais e o resto de copias (como así o facía o galerista de arte da película O Protexido).
Quizáis nesta teoría de non considerar os elementos seriados como arte inflúa as propias tendencias do mercado artístico. A especificidade dunha peza única aumenta o seu valor económico, nembargantes isto non significa que aumente o seu valor artístico.
Comments:
Publicar un comentario