25.9.04
-Sempre teñen que vir os de fóra a lembrarnos o noso. LLoréns creou en pintura a paisaxe galega, Sotomayor (no seu redescubremento de Galicia) creou a pintura de tipo galego, e agora Amenábar crea o primeiro filme de tipo galego.
-Que sexa un filme de tipo galego ou non é o de menos o caso é conseguir facer unha boa película.
- Xa, xa, iso por suposto, pero pódense universalizar os problemas e as inquietudes de Galicia.
- Por suposto, pero, parafraseando a Pollock, non creo que haxa unhas matemáticas de tipo galegas e tampouco creo que haxa un cine de tipo galego.
- Pois eu penso que este é o primeiro filme que consegue universalizar as esencias de Galicia.
- Pode ser, pode ser, pero falar de esencia é perigoso rapaz, moi perigoso.
------------------------------------------------------------------------------------------------
É a ciencia fíxose blog (a familia crece).
Comments:
Publicar un comentario