20.9.04
A pesar da dignidade técnica do cinema falanxista, a fílmica española quedou mutilada despois da Guerra Civil. Con Buñuel fóra do país a recuperación interior (a pesar da valiosa labor de Nevile e Saenz de Heredia) chegou da man de Bardem (Juan Antonio non Javier) e de J.L. García Berlanga. Ambos puxeron a filmografía de España a nivel do que se estaba a facer no resto de Europa. Bienvenido Mister Marshall, Plácido, Muerte de un ciclista son exemplos desta recuperación.
Muerte de un ciclista, premio da Crítica no Festival de Cannes, é un marabilloso filme nacido do existecialismo da posguerra tardía (en mil novecentos cincuenta e cinco) no que brilla a cara de lúa chea de Lucia Bosé, a mdme. Flaubert de Bardem.
Comments:
Publicar un comentario