19.9.04
Luis Buñuel é un dos xenios artísticos máis controvertidos do século XX. En Los Olvidados realismo e surrealismo danse a man nun extraordinario equilibrio. A desintegración familiar, a miseria moral e económica circundan o tema principal da película que é a inadaptación. Todo elo pasado pola peculiar cosmovisión do director turolense, é dicir o total desprezo polo home e a súa imposibilidade de redención.
Premio da crítica e ao mellor director no Festival de Cannes en mil novecentos cincuenta, o filme estéticamente preséntasenos como se fose un cadro da etapa azul de Picasso, bebe da tradición picaresca española, do mundo suburbial de Velázquez e, como non podería ser doutro modo, do polo onírico freudiano.
Convén vela, sobre todo para estómagos de cea liviana, porque cincuenta e catro anos despois a sociedade aínda non sabe que facer cos esquecidos, cos inadaptados.

Comments:
Publicar un comentario