24.9.04
Cunha potente imaxinación, unha posta en escea novedosa (esencial, literal e teatral) Lars von Trier volta a experimentar co cinema. As súas ansias pola novidade estética lembran á filmografía dos sesenta e setenta. Von Trier indaga na linguaxe cinematográfica, crea novos espacios e reinterpreta a comunicación audiovisual. Un formalista gozará plenamente coa obra de Von Trier.
En Dogville, filme feito no 2003, Von Trier condea ao home. Non hai redención na piedade. O home inxusto ten que ser castiagado e de nada serve perdoar.
Dogville é un universo ambiguo, opresor e desmitificador no que todos se convirten en verdugos dunha misteriosa e hipnótica Nicole Kidman. Pero neste filme todo ten un envés e a víctima tamén se pode convertir en verdugo.
Comments:
Publicar un comentario