22.9.04
As horas mortas na Quintana "hueveando" fixeron nacer toda unha mitoloxía granítica. No Olimpo desta mitoloxía compostelá ocupa un lugar preferente Shirley Maclaine, icono da era protopop. Billy Wilder, xenio burlón da Galicia polaca, roda en mil novecentos sesenta a súa película máis premiada (quizáis tamén a mellor). Con cinco Oscars, O Apartamento, vén a ser unha sátira do americano medio. En realidade, todos somos un pouco Jack Lemmon cando envexamos os cartos e, sobre todo, a muller do xefe. A este respecto sería aplicable unha frase que entre canción e canción lle escoitei nunha das súas parrafadas a Ismael Serrano: "era tan guapa que parecía la mujer del otro".
E entre tanto magnate mangante brilla no celuloide unha rutilante ascensorista que interpreta maxistralmente Shirley Maclaine, ¡Que ben sabía escoller as súas actrices Wilder!.
Comments:
Publicar un comentario