<$BlogRSDURL$>

22.8.04

Un pedíulle ao xenio todo o diñeiro do mundo. E o xenio concedeulle o desexo. Ao día seguinte o seu corazón parou e non puido disfrutar dos cartos.

Outro pedíulle ao xenio saude. E o xenio condeulle o desexo. As enfermidades non lle afectaban pero levaba unha existencia tan triste que a súa vida convertíuse nunha condea eterna.

E ti, vendo o que lle pasou aos outro dous, pedíchelle ao xenio felicidade. E o xenio concedeuche o desexo. Deixouche tal como estabas.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License