<$BlogRSDURL$>

9.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Vale, vou comezar cunha resposta típica do bolseiro con lentes de curator residente en Nova York que fai o cuestionario sobre as súas experiencias en Filmotech.com. ¿Por que viches Habla Mudita? Porque é dos setenta. Drama rural, xénero ao que confeso terlle pouco agarimo no tocante ao cinema estatal, que deriva en disparate final, probablemente a parte máis interesante do filme. Unha relación editor /muda que nunca chega a ir máis alá da educación a pesar das proclamas do pobo e da latencia libidinal. Ao fin e ao cabo fala dunha represión que transcende a imposibilidade de enunciación da "pobre mudita". Era o debut de Gutiérrez Aragón, pero sobre todo era outra obra máis dese produtor-autor que é Querejeta coas súas teimas sobre a decadencia burguesa e sobre a España negra, represiva e psicótica tardofranquista.

A copia de Filmotech é regulera en calidade e aínda por riba non enche a pantalla co seu 3/4 letterbox.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License