<$BlogRSDURL$>

29.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Vale vou contestar cunha resposta típica do bolseiro con lentes de curator residente en Nova York que fai o cuestionario sobre as súas experiencias con Filmotech.com. ¿Por que viches Habla mudita? Porque é dos setenta. Drama rural, un xénero ao que non lle teño especial agarimo no que respecta ao cinema estatal, que deriva en disparte, probablemente a parte máis interesante deste film. Relación editor maior/ rapaza muda que non se chega a consumar a pesar das proclamas do pobo e da latencia libidinal. Primeira longametraxe de Gutiérrez Aragón, pero sobre todo outra obra máis dese produtor-autor que é Querejeta coas súas teimas sobre a descomposición da vida burguesa e a versión psicótica e represiva da España do tardofranquismo na que a imposibilidade de enunciación vai máis alá da "pobre mudita"

A copia de Filmotech é regulera en calidade e aínda por riba engaden letterbox para un formato 3/4 que non enche a pantalla.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License