<$BlogRSDURL$>

9.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

A iso das 15:30 tiro de código de Filmotech para audiovisionar La Prima Angélica (1974). Un filme no que os historiadores C. Torreiro e J. E. Monterde ven un salto no cinema oblicuo e metafórico que practicaba Carlos Saura, tan desa época do cinema estatal e que ten como punto de eclosión precisamente unha obra de Saura, La Caza (1965). Na Prima Angélica as lembranzas desbordan a súa a clausura como comezaba a suceder en parte da sociedade dos últimos anos do franquismo. Neste audiovisionado (na calidade de imaxe máis alta que permite o portal) comprobo que a cousa non vai ben combinada con outras descargas, saltan fotogramas. Creo que será consecuencia dun ancho de banda que non é tan ancho.
Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License