<$BlogRSDURL$>

5.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

A dobre sesión finalmente foi triple e rematou con Los cronocrímenes (Nacho Vigalondo, 2007) a iso da unha e media, un pouquiño antes da hora de tomar a medicación. Un filme como Los cronocrímenes agradécese especialmente no contexto de produción estatal por saírse de certa tendencia do cinema español, falo do típico tópico rollito social light. Esta longametraxe é un produto de xénero algo que parecía estar bastante vetado por estes lares, sobre todo no que respecta á ciencia ficción, coa súa gramática de molde que non escapa dese ton "desmitificador" e cotiá ao que acoden moitos produtos culturais estatais e que propicia o ton actoral de Karra Elejalde. As viaxes no tempo artellan unha peculiar narrativa que camiña cara atrás estruturada a base de variacións. A identidade e o físico do protagonista vanse multiplicando e deformando, facéndose menos nítidos conforme avanza o argumento. Escuridade, misterio e Picture This. ¡Ai que ver como se pode complicar un anoitecer nun chalé no campo!

O audiovisionado fixeno online cun código promocional de @filmin que foi ben ata que nunha escena misterio, intriga e dor de barriga trabouse por uns segundos (algo que da bastante rabia nese intre). A calidade da imaxe e do son foron boas.


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License