<$BlogRSDURL$>

4.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Dobre sesión neste II día da era postcólico de ril. A primeira foi El Crack (José Luis Garci, 1981) con postais da Gran Vía dos oitenta (e dos seus cinemas) e retrato fugaz da Nova York coetánea. Filme de detectives privados á española, con algo de noir e bastante desa tonalidade de cores pardos tan da época. Longametraxe con certo grado de crueldade no guión (algo que se agradece) e que supuxo un xiro nos rexistros dun Alfredo Landa afastado do Landismo. Esta foi en Filmotech.com. Non houbo incidencias subliñables no seu audiovisionado.

A segunda foi Luna de Avellaneda (2004) na que Juan José Campanella explota o guión molde da súa exitosa El hijo de la novia (2001) con pequenas variacións. Elabora con simpleza un discurso de resistencia nunha Arxentina en fonda crise económica (e as súas derivas vitais) que empatiza facilmente co espectador e as súas bágoas. Ideal para ver coa moza unha tardiña de verán madrileño en estado de convalecencia. Esta peli correu pola conta de Filmin.es .

---

Ps: Acabo de ver que os datos cuantitavios do twitter de @filmin son: 781 twitteos, segue a 1.119, é seguido por 813, e está en 52 listados. Os de @filmotech_com son: 132 twitteos, segue a 0, é seguida por 19, e está en 0 listados. Non esquezamos que filmin agasalla aos seus seguidores de Twitter e Facebook con códigos promocionais que permiten ver pelis de balde.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License