<$BlogRSDURL$>

3.7.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Onte pola mañá vin en Filmotech Mi Querida Señorita (Jaime de Armiñán, 1971). Costa entender que naquela España de comezos dos setenta aparecese unha obra como esta e resultase ser un éxito de público. Que ademáis o filme estivese nominado aos Oscar e que o protagonista deste drama fose José Luis López Vázquez, famoso actor cómico que acepta este papel no que ten que conseguir que os espectadores non se rían cando o ven vestido de muller senón que forza a compartir a traxedia privada que vive o seu personaxe.

Tematicamente arriscada, non tanto no formal, Mi querida señorita pon en escena a metamorfose da identidade xenérica plantexada como equívoco, algo tremendamente inxenuo pero que era unha das poucas formas legalmente aceptadas nas que nesa época se podía pór en imaxes este tema. Unha forxa identitaria que se produce na cidade, en contraposición á "vila de provincias" da que era natural o/a protagonista e que estaba situada en Galicia. Estaría ben plantexarse que representa Galicia no franquismo no imaxinario do cinema estatal e as pervivencias/transformacións que houbo na España da democracia.

Pagou a pena o seu audiovisionado de calidade de imaxe aceptable e sen trabarse o streaming. Ao final do filme tentei voltar a repasar algunha escena pero non tiven a posibilidade porque non se cargou a longametraxe. O seu prezo é de 1,42 euros.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License