<$BlogRSDURL$>

1.7.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Mentras en Filmotech.com teño que buscar para escoller, en Filmin o que fago é descartar porque bastantes pelis me interesan. Agora mesmo, remato de audiovisualizar neste portal El cant del ocells (Albert Serra, 2008), unha obra para ver no cinema en pantalla grande, moito mellor que no meu doméstico iMac, e que ten unha estética que me lembrou a algún traballo de Philippe Garrel.

En Filmin tiña a posibilidade de ver esta longametraxe ata o próximo domingo ás 13:15 (é dicir nun prazo de 72 horas). De novo vina de balde. Conseguín un código nunha promoción que o portal anunciou no seu Twitter (fíxenlle un "following" para seguir máis de perto estas ofertas e agora tamén téñoo como "follower"). Sinto curiosidade por saber cal é a rendabilidade empresarial deste tipo de iniciativas.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License