<$BlogRSDURL$>

27.6.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

A diferenza de Filmin, en Filmotech non tes que rexistrarte para ver un filme cun código promocional que, por certo, aínda que están fóra de prazo seguen a funcionar.

Para o serán de onte elexín ver Sombras y luces: Cien años de cine español (A. Giménez Rico, 1998). Un percorrido pola cinematografía estatal sen sorpresas, pouco reflexiva, demasiado evidente, case lineal, que contou co asesoramento histórico de Román Gubern, un personaxe clave da cultura española no último terzo do século XX, aínda que imaxino que as filias de Giménez Rico tamén influiron na selección final. Pouca cousa nova, comentarios prescindibles e o único que me resultou interesante foi coñecer algunhas escenas de filmes que teño pendentes. ¡A cultura audiovisual é inesgotable!

A audiovisualización destes cen minutos vale 1,39 euros. Eu escollín a opción de visionado en calidade media pero ampliada no total da pantalla a cousa víase bastante mal, así que non paga a pena. Desta volta o streaming non se trabou en ningún momento.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License