<$BlogRSDURL$>

25.6.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

A través dun retwitteo conseguín hai uns días un código para ver un filme de balde en Filmin . Na súa web podemos ler o seguinte: "No todo el cine que se rueda puede estrenarse en salas comerciales, no todo lo que se estrena en salas comerciales llega a verse. Por eso nace filmin. Con el apoyo de las compañías cinematográficas independientes más importantes de España, ofrecemos el mejor cine off-Hollywood, disponible para ver online a cualquier hora del día, en cualquier lugar del país". Entre as institucións que participan nesta iniciativa están Cameo, Tornasol Films S.A., Golem, Wanda Visión, Vértigo, Alta Films, Vostok, Ikuna e o programa Media.

O certo é que o seu catálogo está moito máis preto aos meus intereses que o de Filmotech. Tamén me gustou moito máis o deseño da páxina web e a información que da.

En Filmin hai varias cousas das que teño pendente a súa audiovisualización dende hai tempo. Finalmente o filme polo que optei foi Yo (Rafa Cortés, 2007), unha das películas de produción estatal máis recente á que lle tiña gañas. O seu audiovisionado non me cambiou a vida pero polo menos non me decepcionou.

En condicións normais a película vale 2,95. A calidade da imaxe do streaming foi alta, aínda que o filme trabouse bastante cara o final. A iso das seis da tarde rematei a longametraxe e seguín escribindo sobre Cuba. Era un escrita cansada... con gañas de rematar, como a desta anotación.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License