<$BlogRSDURL$>

3.5.10

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

A revisión histórica da dereita ideolóxica.

Na cita que recollimos na anotación anterior, Trenzado Romero chama a atención dunha cousa que hai ter en conta sobre o debate das ideas que se está a dar memoria histórica española: o que está en xogo é a formación ideolóxica das novas xeracións que naceron fóra do franquismo. Cousa que parte da dereita entendeu perfectamente. Un exemplo é o sistemático proceso "revisionista" feito por César Vidal e Federico Jiménez Losantos titulado "Historias de España. Breve historia para inmigrantes, nuevos españoles y víctimas de la LOGSE".

No propio título xa vemos o "target" a quen vai dirixido esta cápsula que ten un interese moito maior como intervención ideolóxica que como traballo de investigación histórica. Nin os "novos españois", nin os "inmigrantes", nin as "víctimas de la LOGSE" viviron o franquismo. Ao non ser testemuñas directas dese período histórico a súa formación simbólica ven a través, sobre todo, de relatos indirectos, da educación e dos medios de comunicación. O que escoitan, o que ven e, probablemente en menor medida, o que len conforma a súa memoria histórica. É neste contexto no que podemos dicir que programas de radio como este, a propia emisora de Esradio ou a COPE, os debates de Intereconomía e os seus medios escritos afíns, asumiron perfectamente o rol de convertirse en elementos de intervención sobre os procesos formación simbólica. Entederon a importancia que xogan na batalla das ideas.


Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License