<$BlogRSDURL$>

9.5.10

Bloguería, bloguería 

O máis visto este cuatrimestre en PERIFÉRICOS foron estas anotacións das series "Arredor do Reina" e "Estares" (posteadas en abril do 2009). Deste ano o máis visto foi esta anotación do ciclo "Transitland" celebrado no Museo Reina Sofía de Madrid.

En relación co 2009 no período Xaneiro-Abril deste ano aumentaron o número de "unique visitors" (34,90%), o número de veces que se visitou esta bitácora (21,32%). E descendeu o número de tempo que cada usuario lle dedica a ler PERIFÉRICOS (39,47%) e a porcentaxe de visitas novas (28,06%).

Os lectores de PERIFÉRICOS proceden abrumadoramente do Estado Español, maioritariamente de Madrid. Destacan tamén as cidades de Ponferrada e Santiago de Compostela.

Á marxe do estado visitan PERIFÉRICOS (por esta orde) xente que está en: Estados Unidos, Colombia, Arxentina, Reino Unido e Alemaña (todos estes países aumentaron tamén o número de visitantes).

Conclusións:

1) Parece que o máis está a interesar de PERIFÉRICOS e o rol de cronista non oficial do Museo Reina Sofía de Madrid.

2) Hai máis xente que visita PERIFÉRICOS dende fóra de Galicia que dende dentro do país.

3) A xente que pasa por esta bitácora dedícalle menos tempo a ler cada anotación.

4) A progresión en número de visitantes/visitas está a ser moi positiva.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License