<$BlogRSDURL$>

18.5.10

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Dentro de Documenta Madrid proxectouse La Edad del Sol (domingo día 9 de maio, 12:00, no Círculo de Bellas Artes). Máis que o tratamento da imaxe ou calquera outra reflexión sobre a forma o que resulta especialmente interesante deste traballo documental é que da a posibilidade de ver ao ex-céntrico cineasta portugués José María Nunes en acción.

Recentemente falecido, Nunes estivo vencellado á Barcelona "divina" e ¿contracultural? dos sesenta-setenta. En La Edad del Sol fílmase as súas reflexións fílmico/vitais co gallo da filmación do seu derradeiro traballo Res Pública (2010).

Nunes desborda entusiasmo, e creo que iso é un dos riscos caracerísticos de gran parte da súa xeración, eses cineastas que se movían á marxe (estética ou politicamente falando) no tardofranquismo. Agora que todo o mundo parece querer estar "dentro" non está mal reinvindicar á xente que optou por estar "fóra".

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License